EMPRESA - Inmobiliaria Queiruga2
 |
 |
|
 |
 |
 |
Inmobiliaria Queiruga2 está situada no pequeno municipio
de Porto do Son, na parte Sur da Ría de Muros-Noia
A continuación presentamoslle
unha sinxela ferramenta que lle permitirá acceder a nosa
localización xeográfica
.
|
O pequeno municipio de Porto do Son está situado na parte sur da Ría de Muros e Noia.
Destaca polos seus 25 km de cota salpicados de innumerables e pequenas praias que o confirman como destino preferido de veciños e visitantes durante os meses de verán.
A Occidente atopámonos o Mar da Ría de Muros e Noia. A estrada C-550, percorre todo
o litoral das Rías Baixas dende Cee a Tui sen alonxarse case da costa, e atravesa o
municipio de Porto do Son no seu tramo de Noia a Ribeira. A distancia a Santiago
por Noia é de 49 Km.
Dende o sur de Galicia é posible acceder ó noso municipio por Padrón, seguindo
dirección Ribeira e percorrendo a comarca do Barbanza ata Porto do Son
(62 Km dende Padrón)A capital do Municipio é a Vila de Porto do Son, un
pequeno pobo con sabor mariñeiro. Ademais Portosín, co seu porto deportivo e
o Castro de Baroña son visitas obrigadas.
Nun paseo polas súas enxebres calexas poderemos contemplar a vida cotiá desta
poboación; unha gran demostración de arquitectura popular. A súa flota de baixura
trae tódolos días a porto os mellores peixes e mariscos da ría que se venden ó
público na praza de abastos.
Ver galería de fotos antigas de Porto do Son.
|
 |
|
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
|